Inaugurada a Árbore da Memoria

Hai uns días, quedou instalado en Amoeiro a Árbore da Memoria, singular proxecto escultórico nacido da imaxinación sempre fecunda de Acisclo Manzano, feita en aceiro escuro cuxas ramas son círculos e elipses que parecen conectar a vida e a morte. As follas serán unha metáfora pois sobre o seu bronce porase o nome dos veciños […]
Entrega do premio Losada Diéguez a Domingo Villar

O premio Antón Losada Diéguez 2010, no seu apartado de Creación Literaria recaeu na segunda novela de Domingo Villar, A praia dos afogados. Este galardón chega así ao seu vixésimo quinto aniversario premiando unha das novelas máis recoñecidas dos últimos tempos. Os integrantes do xurado valoraron desta obra ‘a súa excelente construcción narrativa, que desenvolve […]
Bernardino Graña ingresa na RAG

O acto terá lugar este sábado 12 de xuño, ás 12.00 h, no Auditorio de Cangas do Morrazo. O escritor Bernardino Graña lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, titulado "Contos populares e Rosalía". O discurso de resposta correspóndelle a Ramón Lorenzo. Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) traballou como catedrático de […]
NUNCA TE VIN CHORAR

Será mañá martes, ás 20.00 h, nun acto no Café Moderno no que o autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Fina Casalderrey. A nova novela de Miguel Suárez Abel leva o lector desde Alemaña ás selvas e cidades de Colombia. A historia de Wilson Valderrama está dividida entre as arelas por mellorar a […]
Novas árbores para os máis pequenos

¡Un can no piso!, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Kristina Sabaite, e Matías, un pito de campionato, de María Canosa, ilustrado por David Soler, son dous novos títulos da colección Árbore "Os Duros" protagonizados por un can e un pito, respectivamente, que soñan con cousas ben interesantes: que os queran, por suposto, pero tamén […]
O soño (re)dirixido

Estes días chegará ás librerías de toda Galicia o novo volume de relatos de Vítor Vaqueiro, 'O soño (re)dirixido', un mollo de textos que van permitirnos recuperar o Vítor Vaqueiro máis auténtico enfrontado a algúns dos seus temas clásicos: o papel do poder nas nosas vidas, a inevitalibidade do destino, o tempo… O título é […]
Xosé Ramón Barreiro, premio Trasalba 2010

O historiador e académico Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG) ata o pasado mes de xaneiro, é o galardoado co Premio Trasalba 2010, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo como recoñecemento á aportación de distintas figuras á cultura galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que se […]
'O diario de Carlota' chega ao cine

Un dos títulos emblemáticos da colección Costa Oeste, 'O diario vermello de Carlota' de Gemma Lienas, chega o mes que vén ás salas de cine de toda España nunha película protagonizda por Andrea Ros, Lorena Mateo e Maxi Iglesias, actores coñecidísimos grazas ao seu traballo en distintas series da televisión no estado español. A fita […]