¡Un can no piso!, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Kristina Sabaite, e Matías, un pito de campionato, de María Canosa, ilustrado por David Soler, son dous novos títulos da colección Árbore "Os Duros" protagonizados por un can e un pito, respectivamente, que soñan con cousas ben interesantes: que os queran, por suposto, pero tamén con cazar ese verme rebelde ou que o avó non se esqueza de todo. En calquera caso, son dous animaliños ben singulares e divertidos.
¿Serán quen de namorarte a ti tamén?
¿Imaxinas un can que entolece a toda a familia?
¿Imaxinas un pito campión olímpico?
A resposta atoparala nestes dous novos volumes da colección OS DUROS da Editorial Galaxia.