'O diario de Carlota' chega ao cine

Categoría: Nova

Un dos títulos emblemáticos da colección Costa Oeste, 'O diario vermello de Carlota' de Gemma Lienas, chega o mes que vén ás salas de cine de toda España nunha película protagonizda por Andrea Ros, Lorena Mateo e Maxi Iglesias, actores coñecidísimos grazas ao seu traballo en distintas series da televisión no estado español.
A fita achégase á vida de Carlota, que ten 16 anos e está namorada dun deportista chamado Oriol… pero descubre o sexo con Serxio, rapaz perfecto e engaiolante que todas as nais quererían para as súas fillas.
Carlota non sabe que facer, pero nin os seus pais (que se están a separar), nin as súas mellores amigas (Elisa e Mireia) poden axudala…
Entre outras cousas, porque Elisa disfrazouse de mozo para poder estar cerca de Lucas, do que está perdidamente namorada e porque Mireia propúxose seducir a Oriol, traicionando así a súa mellor amiga.
Carlota ten unha vida alocada: foi rescatada dunha cornisa por un exército de bombeiros; gaña un concurso de iudo sen ter nin idea de artes marciais e faise as probas de embarazo coa axuda dun can… En fin, cosas normais que adoitan acontecerlle a unha adolescente…
Quen dixo que ter 16 anos era doado?
Para o vindeiro mes de setembro, un novo libro da autora catalana, protagonizado por Carlota, verá a luz, concretamente, 'O diario violeta de Carlota'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email