As librerías: moito máis que tendas

Con verdadeira consternación recibimos a nova do peche da histórica librería pontevedresa Michelena. Probablemente, unha das librerías de fondo máis importantes do país que, coa súa desaparición nos deixa a todos, vivamos ou non na cidade do Teucro, un chisco orfos de palabras e de libros. O peche dunha librería é sempre unha moi mala […]
Carta dos editores

Na cornixa noroeste da península ibérica, dentro do Estado Español, lindeira con Portugal, Galicia é unha vella cultura de Occidente. Cultura e literatura, con dúas linguas oficiais (galego e castelán), mais cunha "lingua propia" (a lingua galega), recoñecida como tal no Estatuto de Autonomía de Galicia (1981). En lingua galega exprésase, dende hai case oitocentos […]
Presentación dos novos títulos da Biblioteca ESAD

A Biblioteca ESAD que dende hai uns anos está a ofrecer ao público lector galego os títulos máis interesantes das autoras e autores dramáticos contemporáneos, presenta este xoves dous novos títulos da súa colección. Manuel F. Vieites, director da ESAD e coordinador da colección, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Anxo Lorenzo, Secretario […]
Inaugurada a Árbore da Memoria

Hai uns días, quedou instalado en Amoeiro a Árbore da Memoria, singular proxecto escultórico nacido da imaxinación sempre fecunda de Acisclo Manzano, feita en aceiro escuro cuxas ramas son círculos e elipses que parecen conectar a vida e a morte. As follas serán unha metáfora pois sobre o seu bronce porase o nome dos veciños […]
Entrega do premio Losada Diéguez a Domingo Villar

O premio Antón Losada Diéguez 2010, no seu apartado de Creación Literaria recaeu na segunda novela de Domingo Villar, A praia dos afogados. Este galardón chega así ao seu vixésimo quinto aniversario premiando unha das novelas máis recoñecidas dos últimos tempos. Os integrantes do xurado valoraron desta obra ‘a súa excelente construcción narrativa, que desenvolve […]
Bernardino Graña ingresa na RAG

O acto terá lugar este sábado 12 de xuño, ás 12.00 h, no Auditorio de Cangas do Morrazo. O escritor Bernardino Graña lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, titulado "Contos populares e Rosalía". O discurso de resposta correspóndelle a Ramón Lorenzo. Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) traballou como catedrático de […]
NUNCA TE VIN CHORAR

Será mañá martes, ás 20.00 h, nun acto no Café Moderno no que o autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Fina Casalderrey. A nova novela de Miguel Suárez Abel leva o lector desde Alemaña ás selvas e cidades de Colombia. A historia de Wilson Valderrama está dividida entre as arelas por mellorar a […]
Novas árbores para os máis pequenos

¡Un can no piso!, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Kristina Sabaite, e Matías, un pito de campionato, de María Canosa, ilustrado por David Soler, son dous novos títulos da colección Árbore "Os Duros" protagonizados por un can e un pito, respectivamente, que soñan con cousas ben interesantes: que os queran, por suposto, pero tamén […]