Inaugurada a Árbore da Memoria

Categoría: Nova

Hai uns días, quedou instalado en Amoeiro a Árbore da Memoria, singular proxecto escultórico nacido da imaxinación sempre fecunda de Acisclo Manzano, feita en aceiro escuro cuxas ramas son círculos e elipses que parecen conectar a vida e a morte. As follas serán unha metáfora pois sobre o seu bronce porase o nome dos veciños falecidos, e pintaranse de verde. O primeiro nome inscrito nesas follas será o de Ramón Otero Pedrayo.
No acto de inauguración contouse coas voces da escola Cantorum de Amoeiro así como do dúo Debbol Presto Vivace de violín e violoncelo. Acudiu o presidente da Fundación Otero Pedrayo e alcaldes da comarca.

Comparte nas túas redes sociais ou por email