Presentación de A GALICIA DE MONTEVIDEO

Manuel Losa presenta o seu novo libro, 'A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal (1897-1985)'. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes e María Xosé Gómez, Concelleira de Cultura do Concello de O Pino. Nesta nova o autor, ao tempo que repasa a vida a vida deste emigrante ao Uruguai e o seu fundamental […]

Basilio Losada cumpriu 80 anos

O último día da primavera, o 20 de xuño, cumpría 80 anos Basilio Losada, referente esencial de todo o que teña que ver con Galicia e coa súa literatura, escritor, estudoso, profesor e, sobre todo, traballador incansable, dende as afastadas, xeograficamente, só así, terras catalanas, dende as que, dende hai moitísimo tempo, exerceu a docencia […]

Na noite máis meiga do ano

Poucas noites como esta suscitaban tanta ilusión na infancia como a Noite de San Xoán, xornada meiga entre todas as outras noites posibles, significados ocultos no lume que só dende a fantasía se poden desvear. Para moitos cativos esta noite implica unha especie de rito de paso que os iguala aos adultos; para os grandes, […]

Xosé Ramón Barreiro, premio Trasalba 2010

O historiador e académico Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG) ata o pasado mes de xaneiro, é o galardoado co Premio Trasalba 2010, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo como recoñecemento á aportación de distintas figuras á cultura galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que se […]

'O diario de Carlota' chega ao cine

Un dos títulos emblemáticos da colección Costa Oeste, 'O diario vermello de Carlota' de Gemma Lienas, chega o mes que vén ás salas de cine de toda España nunha película protagonizda por Andrea Ros, Lorena Mateo e Maxi Iglesias, actores coñecidísimos grazas ao seu traballo en distintas series da televisión no estado español. A fita […]

Por unha defensa da identidade galega

Onte, na Casa Grande de Cimadevila, nas terras de Otero Pedrayo, o historiador Xosé Ramón Barreiro recibiu o Premio Trasalba 2010 cunha defensa da galeguidade e suliñando que só dende a profunda consciencia de aceptar e defender quen somos poderemos seguir sendo algué no futuro. Nun discurso emocionado, o historiador agradeceu o premio entregado pola […]

Lembranza de Luís Seoane

Cúmprense cen anos do nacemento de Luís Seoane en Buenos Aires, fillo de emigrantes galegos. Celebramos os nacementos, non as defuncións. Unha das figuras máis sobranceiras da arte contemporánea e da creación galega en xeral: editor, poeta, autor dramático, escenógrafo, ilustrador, pintor, deseñador gráfico, xornalista, radiofonista, empresario, planificador cultural, narrador, ensaísta, estratega, soñador… Luís Seoane […]

Presentación en Arzúa de NUNCA TE VIN CHORAR

O escritor Miguel Suárez Abel continúa coas presentacións da súa última novela, 'Nunca te vin chorar'. Hoxe o acto será en Arzúa e estará acompañado por Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello, e Armando Cascón, director de Radio Arzúa. Con este novo acto, a novela de Suárez Abel segue percorrendo o país ao […]