Manuel Bragado, novo presidente da AGE

A Asociación Galega de Editores vén de elixir nova directiva, logo de oito anos de directiva anterior, presidida por Alfonso García Sanmartín. Os asistentes á asamblea aprobaron por unanimidade a proposta do novo equipo, que queda constituído da seguinte maneira: Presidente: Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia) Vicepresidenta: Belén López (Bahía Edicións) Secretaria: Laura Rodríguez […]
Unha novela de ciencia ficción de aventuras

Onte coñeciamos a nova de que a novela de Antón Lopo, 'Obediencia', viña de gañar o Premio de Novela Manuel García Barros. Mantivemos con el unha conversa na que comezou amosando a súa ledicia pola concesión do galardón, pois "os premios axudan sempre á difusión da obra, e engade un interese obvio para o público". […]
Amar unha serea

Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de X.H. Rivadulla Corcón, titulado 'Amar unha serea', na que o autor de Monte Alto entra no asunto do amor nun interesante texto ilustrado por Antonio Seijas e publicado na colección Árbore Azul, para lectores e lectoras a partir dos dez anos. Neste […]
60 anos coa Editorial Galaxia

O 25 de xullo de 1950 reuníase nos baixos do Hotel Compostela a asamblea que había de constituir Editorial Galaxia, daquela un núcleo de resistencia contra a ditadura, estratexia organizada para facer fronte a momentos moi difíciles para a nosa cultura, diezmada logo da guerra civil. Nas páxinas desta mesma Web (historia da editorial) poden […]
Os libros prestados

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia (e de feito foi un dos libros máis solicitados no recente Festigal), o novo libro de Xabier López López. 'Os libros prestados' é o título dun mollo de relatos nos que libros, lectores e literatura teñen moito que contar. Daquela, libro sobre libros, ou non, […]
Lembranza de Luís Seoane

Cúmprense cen anos do nacemento de Luís Seoane en Buenos Aires, fillo de emigrantes galegos. Celebramos os nacementos, non as defuncións. Unha das figuras máis sobranceiras da arte contemporánea e da creación galega en xeral: editor, poeta, autor dramático, escenógrafo, ilustrador, pintor, deseñador gráfico, xornalista, radiofonista, empresario, planificador cultural, narrador, ensaísta, estratega, soñador… Luís Seoane […]
Presentación en Arzúa de NUNCA TE VIN CHORAR

O escritor Miguel Suárez Abel continúa coas presentacións da súa última novela, 'Nunca te vin chorar'. Hoxe o acto será en Arzúa e estará acompañado por Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello, e Armando Cascón, director de Radio Arzúa. Con este novo acto, a novela de Suárez Abel segue percorrendo o país ao […]
Homenaxe a Anisia Miranda

No marco da décima Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas de Piloño, en Vila de Cruces, celebrouse o pasado domingo unha homenaxe póstuma á escritora Anisia Miranda, que fora tamén compañeira de Xosé Neira Vilas. Amigos e escritores gabaron a súa obra e lembraron fitos esenciais da súa vida. O momento máis fermoso, sen dúbida, […]