Brais e os demais

O escritor Manuel Darriba, recentemente galardoado como poeta, publica en Árbore 10 anos, 'Brais e os demais', a historia dun cativo que, a pesar de só ter nove anos, fai xa cousas de máiores. É un tipo alto, por fóra e por dentro, que aspira a pasalo ben, a quen todo chama a atención. O […]

Xa é posible mercar eBooks dende a web de Galaxia

Dende onte 15 de xullo de 2010, xa é posible mercar os eBooks da Editorial Galaxia directamente dende a súa web (http://www.editorialgalaxia.com). Deste xeito, 72 títulos da literatura galega de todos os tempos póñense ao alcance dun simple clic. Se dende hai unhas semanas comezaba o servizo da compra electrónica da revista GRIAL, dende hoxe […]

Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal

Vén de constituirse hai uns días a Asociación Culturgal. A directiva estará presidida polo Director Comercial da nosa editorial, Xulio Amigo, profesional de dilatada traxectoria no mundo da edición e da xestión cultural. As entidades AGE, AGAPHONO, AGEM e ESCENA GALEGA, asinaron os estatutos e acta de constitución da ASOCIACIÓN CULTURGAL. Por cuestións burocráticas outros […]

Galicia lembra a Rosalía

Organizado pola AELG, o cortexo cívico conta co apoio e colaboración de diversos colectivos, máis de 200, o que demostra a actualidade e presenza da escritora no cerne sentimental do noso país. Un tren, identificado como Follas Novas, partirá da estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, hoxe ás 17.45 horas, para facer […]

O Culturgal xa ten datas

Onte coñeceuse a nova de que a feira das industrias culturais galegas ten previsto celebrarse do 10 ao 12 de decembro na Coruña. O presidente da recentemente creada Asociación Culturgal, Xulio Amigo, director comercial de Galaxia, reuniuse onte coa concelleira de Cultura coruñesa, María Xosé Bravo, acompañado polos tres membros da executiva de Culturgal: o […]

Homenaxe a Paco del Riego

Amigos e responsables da Fundación Penzol e de Galaxia, acompañados do Presidente da Real Academia Galega, homenaxearon o pasado venres a Francisco Fernández del Riego. Para don Paco ía ser un venres máis. Sen embargo, a vida tíñalle reservada unha visital moi especial. Os seus amigos e compañeiros das súas dúas grandes creacións, a Fundación […]

Verán con libros

Lemos porque non nos chega a vida. Por iso vemos cine. Por iso soñamos aventuras. Por iso amamos que nos digan un conto. Ou dous. Unha da queixas que máis repetimos os lectores é que non temos tempo para ler. Que queremos pero que a vida non nos permite ler todo o que quixeramos. E […]

Presentación en Ribadeo de A LEI DAS ÁNIMAS

Dentro da programación do OFestivalOn de curtametraxes, na sección Books4U dedicada a literatura, o escritor Carlos G. Reigosa presenta a súa última novela, A lei das ánimas. Será este venres día 30 de xullo, ás 20:30 h, no Cantón dos Moreno, en Ribadeo. Nesta nova novela, Carlos G. Reigosa actualiza a lenda da Santa Compaña […]