Presentación en Ribadeo de A LEI DAS ÁNIMAS

Categoría: Nova

Dentro da programación do OFestivalOn de curtametraxes, na sección Books4U dedicada a literatura, o escritor Carlos G. Reigosa presenta a súa última novela, A lei das ánimas. Será este venres día 30 de xullo, ás 20:30 h, no Cantón dos Moreno, en Ribadeo.

Nesta nova novela, Carlos G. Reigosa actualiza a lenda da Santa Compaña nunha historia policial. A lei das ánimas é unha obra de ficción que, seguindo a liña de Cunqueiro e Torrente Ballester, aproveita a atmosfera de misterio, coa que enche de verosimilitude toda a trama.

Polas súas especiais características, uns crimes mobilizan a forza pública e a procesión das ánimas da Santa Compaña, que compiten nunha investigación a prol da xustiza, cada unha coas súas armas e os seus procedementos. O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son neste caso só testemuñas abraiadas dunha pescuda allea, apaixonante e misteriosa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email