Xa é posible mercar eBooks dende a web de Galaxia

Categoría: Nova

Dende onte 15 de xullo de 2010, xa é posible mercar os eBooks da Editorial Galaxia directamente dende a súa web (http://www.editorialgalaxia.com). Deste xeito, 72 títulos da literatura galega de todos os tempos póñense ao alcance dun simple clic. Se dende hai unhas semanas comezaba o servizo da compra electrónica da revista GRIAL, dende hoxe é posible tamén acceder á mellor literatura feita en galego.
Dende a portada web da editorial elaborouse un espazo que leva directametne ao portal de distribución de contidos dixitais onde se ofrecen todos os títulos ordeados alfabeticamente. A idea da nosa editorial é ir incomporando progresivamente máis títulos ata poñer en formato dixital descargable para os lectores electrónicos a totalidade do catálogo.
A Editorial Galaxia continúa deste xeito a súa incorporación á modernidade, neste ano 2010 no que se conmemora, en apenas dúas semanas, os seus sesenta anos de vida. Tralo blog da editorial, que ofrece ademais da actualidade de Galaxia, artigos de opinión, espazos para o debate e galerías de arte co traballo dos seus ilustradores, e o seu desembarco nas redes sociais (facebook e twitter), o espazo web acrecéntase con este novo servizo que permitirá que a lectura en galego, e a cultura do noso país, naveguen co bo vento polos vieiros da vida contemporánea.

Comparte nas túas redes sociais ou por email