Presentación de “A Investigación Educativa en Galicia 2015-2024”, en Santiago de Compostela

O xoves 27 de febreiro, celebrarase, ás 11:30, no MUPEGA, en Santiago de Compostela, a presentación de A Investigación Educativa en Galicia 2015-2024, coordinado por Miguel Anxo Santos Rego. No acto, acompañando o coordinador, estarán Román Rodríguez González, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; e […]

Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2025

Editorial Galaxia, coa colaboración de Ámbito Cultural El Corte Inglés, convoca a novena edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2025, para autores e autoras menores de 35 anos. En 1957 Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao seu proxecto da editorial a través das novas […]

Rosalía de Castro. Unha voz eterna para Galicia

Hoxe, domingo 23 de febreiro, conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, unha das figuras máis transcendentais da nosa literatura e da nosa identidade cultural. A súa voz, firme e inconfundible, continúa a soar con forza no noso tempo. Nada en Santiago de Compostela en 1837, foi pioneira na recuperación da lingua galega […]

A forza da nosa lingua

Hoxe, venres 21 de febreiro, celebramos o Día da Lingua Materna, unha data para reivindicar o noso idioma e reafirmar o compromiso de Editorial Galaxia coa defensa do galego dende 1950. A lingua é identidade, historia e futuro, e por iso seguimos dando voz a autoras e autores que nos axudan a comprender quen somos. […]

“Rosalía oculta”, a voz libre dun tempo escuro

Editorial Galaxia publica Rosalía oculta, a novela gráfica de Paula Mayor, gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023. Unha obra que afonda na verdadeira identidade de Rosalía de Castro, máis aló do mito, ofrecéndonos unha visión íntima e reveladora dunha das figuras máis importantes da nosa literatura. Amosa unha muller que loitou contra as […]

Conferencia de Henrique Monteagudo: “Castelao. A forxa dun mito”, en Vigo

O xoves 20 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, unha conferencia, con Henrique Monteagudo, que leva por título “Castelao. A forxa dun mito”. Organizada pola Fundación Penzol, en colaboración coa Cátedra Castelao da Universidade de Santiago. Esta conferencia enmárcase nas actividades de ambas as entidades relacionadas […]

Hoxe lembramos ao capitán Nemo

Tal día coma hoxe, un 18 de febreiro de 1868, o Nautilus entrou na ría de Vigo, un episodio inmortalizado por Jules Verne en 20.000 leguas baixo dos mares. Cento cincuenta anos despois, a Editorial Galaxia escolleu precisamente esta obra para abrir a súa colección de Lectura Fácil, un proxecto pioneiro en galego que busca […]

Libros que deixan pegada

Ademais das nosas novidades editoriais, hai libros que deixan pegada, que seguen viaxando a través do tempo e as xeracións. Anunciamos novas reimpresións para que sigan sendo lidos, recomendados e redescubertos: Colección Árbore 7ª edición de O misterio do torque de Burela, de Antía Yáñez, ilustrado por Kristina Sabaite. Un libro ateigado de aventuras, protagonizado por catro […]