Presentación de “O tenro é o salvaxe”, na Coruña

Categoría: Nova, Blog

O sábado 12 de abril, celebrarase, ás 12:30 h, na libraría Moito Conto da Coruña, a presentación de O tenro é o salvaxe, de Samuel L. París.

Acompañando o autor, estará Tamara Andrés, directora da colección Dombate de Editorial Galaxia.

Que queda e que se perde nas nosas vidas? Como se configuran as fronteiras entre o persoal e o social? Con lirismo, ironía e humor, París invita a abrir eses interrogantes a través dunha escrita que se move entre o lirismo, a ironía e o humor, entre a intimidade e a escena.

Autor de obras como Manual da destrución (2008), Inflamable (2012), Internacional de poesía anarquista (2020) e O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo (2024), Samuel L. París constúe unha poética que desafía normas e formatos. A súa voz, de forte carga oral, nutríndose de proxectos musicais e performativos que expanden os límites do xénero.

Entre versos e miradas novas, celebremos a poesía como espazo de encontro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email