Galaxia presentou a Biblioteca 75 aniversario, o xoves 10 de abril, ás 20 h, na sede do RC Celta, en Vigo
O xoves 10 de abril, ás 20 horas, no Salón Rexio da sede do RC Celta en Vigo, celebrouse a presentación da Biblioteca 75 aniversario de Editorial Galaxia.

No acto, interviron Dolores Vilavedra e Patricia Arias Chachero, directoras da colección e membros do Consello de Administración de Galaxia. Ademais, haberá unha lectura de textos e poemas. A entrada será libre ata completar capacidade, mais prégase confirmación de asistencia antes das 14:00 h, de hoxe, mércores 9 de abril, no correo: comunicacion@editorialgalaxia.gal.

Biblioteca 75
Co gallo da celebración do seu 75 aniversario en 2025, Editorial Galaxia lanza esta colección coa intención de recuperar o espírito transformador que a caracterizou desde a súa fundación en 1950. Trátase dunha revisión do seu catálogo histórico para traer ao presente obras que renovaron o mundo cultural galego en tempos de censura e escuridade.
A colección, coordinada por Dolores Vilavedra e Patricia Arias Chachero, comprende dez títulos de poesía, narrativa, ensaio e literatura popular. Entre as publicacións destacan:
- As poetas da colección Salnés, con textos de Xohana Torres, María do Carme Kruckenberg, Pura Vázquez, María Manuela Couto e Anne Marie Morris, edición de Patricia Arias Chachero.
- A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro, con introdución de Javier Olleros e ilustrado por Maruxa Caeiro.
- Antoloxía da literatura popular galega, selección de Antonio Reigosa, con ilustracións de Agustina Shuan.
- Leccións de gaita, de Enrique Otero Covelo, con introdución de Xaime Estévez.
- Antoloxía de Sempre en Galiza, de Castelao, con introdución de Henrique Monteagudo.
- Premios Castelao de Teatro, con obras de Ángel de la Peña (Cando morren os farois), Genaro Mariñas del Valle (A revolta e outras farsas) e Xohana Torres (Un hotel de primeira sobre o río), introdución de Cristina Domínguez.
- Lonxe de nós e dentro, relatos de Camilo Gonsar, introdución de Antía Yáñez.
- Antoloxía de traducións publicadas na revista Grial (1950-1975), introdución e selección das profesoras Ana Luna e Tamara Andrés.
- 7 ensaios de Rosalía, edición de María do Cebreiro.
- Toribio, de Carlos Casares, con novas ilustracións de Sandra Lodi e introdución de Montse Pena Presas.

Con esta iniciativa, Editorial Galaxia reafirma o seu compromiso coa cultura galega, ofrecendo ás novas xeracións unha oportunidade para redescubrir obras que foron, e seguen a ser, fundamentais na construción da nosa identidade.