Making Of de 'Bícame Frank'

Onte martes, o escritor Miguel Anxo Fernández comezaba a escrita, no seu blogue, do making off da súa nova novela, 'Bícame Frank' que está xa a piques de sair do prelo e que, de novo, é protagonizada polo seu detective, tan seguido no noso país, Frank Soutelo. O venres 28 sairá a novela do prelo […]

Unha presentación docísima

Onte, no Restaurante Casa Quintela de Bueu presentamos 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal. O salón de comidas quedou pequeno para acoller ás preto de dúas centas persoas que se animaron a achegarse para escoitar á reposteira, que estivo acompañada no acto polo cociñeiro do programa da TVG, LARPEIROS, Benigno Campos, o director do […]

Presentouse en Santiago 'A cociña dos Cunqueiro'

O pasado venres, os amigos do Restaurante Acio de Santiago, sito na rúa Galeras, acolléronos para a presentación, diante dos medios de comunicación e algúns amigos e amigas que quixeron compartir o evento con nós, o libro 'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane. No acto participaron, entre outros, Miguel Vila Pernas, responsable da […]

Salvador García Bodaño, premio 'Voz de liberdade'

O vindeiro 14 de xuño, ás 20 horas, o poeta Salvador García-Bodaño recibirá o galardón 'Voz de liberdade', na súa sexta edición e outorgado polo Pen Clube de Galicia. O acto celebrarase na Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar, 7) de Santiago de Compostela. O premio Voz da Liberdade do Centro Pen Galicia recoñece as traxectorias […]

Presentación de 'A máscara de Ulises' de Xosé Carlos Caneiro en Ourense

Este sábado, o escritor de Verín, Xosé Carlos Caneiro, na compaña do director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, presentará o seu novo libro, compendio de moitos dos seus relatos ao longo de varias décadas, 'A máscara de Ulises', un volume co que o autor, ao xuntalos no libro, pretendeu, entre outras cousas, […]

Nova edición para 'Hora zulú'

Estes días está a chega ás librerías de todo o país unha nova edición da novela gañadora do premio de novela Manuel García Barros deste ano pasado, 'Hora zulú' de Santiago Lopo. Se xa namorara á crítica e ao xurado que decidiu premiala, aos poucos foi gañando tamén o favor do público, de tal xeito […]

Novo premio para 'Laura no deserto'

O libro de Antón Riveiro Coello, 'Laura no deserto' fíxose merecente esta pasada fin de semana do premio Frei Martín Sarmiento na categoría de adultos. Este é un premio dos máis singulares e gorentosos para cualquier autor ou autora do noso país porque o xurado é moi amplo, tanto que, nesta categoría na que o […]

Todo listo para a gran festa de Trasalba dedicada a Cristina Pato

Dende a ligazón á dereita destas liñas podes descargar o progrma completo dos actos de entrega do Premio Trasalba á música Cristina Pato o vindeiro domingo 30 de Xuño na Casa Grande de Cimadevila. E tamén, á dereita destas liñas, deixamos para que poidas escoitar, o tema que Cristina Pato compuxo en homenaxe a Trasalba. […]