Making Of de 'Bícame Frank'

Categoría: Nova

Onte martes, o escritor Miguel Anxo Fernández comezaba a escrita, no seu blogue, do making off da súa nova novela, 'Bícame Frank' que está xa a piques de sair do prelo e que, de novo, é protagonizada polo seu detective, tan seguido no noso país, Frank Soutelo.
O venres 28 sairá a novela do prelo e poderá chegar aos milleiros de lectores e lectoras que, dende hai tantos anos, veñen seguindo as andanzas deste investigador que, en cada nova entrega, volve sorprendernos unha e outra vez.
Na ligazón á dereita destas liñas podes acceder ao blogue de Miguel Anxo Fernández e acceder a ese 'Como se fixo' co que el nos agasalla como apertivo antes de que poidamos gozar definitivamente do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email