Unha presentación docísima

Categoría: Nova

Onte, no Restaurante Casa Quintela de Bueu presentamos 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal. O salón de comidas quedou pequeno para acoller ás preto de dúas centas persoas que se animaron a achegarse para escoitar á reposteira, que estivo acompañada no acto polo cociñeiro do programa da TVG, LARPEIROS, Benigno Campos, o director do espazo, Xosé Cermeño, e o editor Francisco Castro.
Despois das intervencións, unha emocionada Merchi Rodal fixo unhas filloas en directo, nunha demostración moi doce pois mentres ela cociñaba, o público daba conta dos xenerosos petiscos cos que nos agasllou o restaurante Casa Quintela de Bueu, e as lambetadas que Merchi Rodal trouxo preparadas. Todo regado cun delicioso viño de Quinta de Couselo, adega que tamén quixo sumarse á festa.
Unha xornada lambona e lambereteira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email