Cantaruxa coa bruxa Maruxa en Rianxo

'María Fumaça' foi un dos grandes éxitos musicais do ano pasado. Poucos nenos e nenas de Galicia quedaron sen cantar e bailar con esta locomotora festeira. Agora, para seguir gozando, creamos un concerto en pequeno formato protagonizado pola Bruxa Maruxa (Uxía) e o seu axudante (o músico 'brasilego' Sergio Tannus) coa idea de visitar os […]

Unha presentación docísima

Onte, no Restaurante Casa Quintela de Bueu presentamos 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal. O salón de comidas quedou pequeno para acoller ás preto de dúas centas persoas que se animaron a achegarse para escoitar á reposteira, que estivo acompañada no acto polo cociñeiro do programa da TVG, LARPEIROS, Benigno Campos, o director do […]

Making Of de 'Bícame Frank'

Onte martes, o escritor Miguel Anxo Fernández comezaba a escrita, no seu blogue, do making off da súa nova novela, 'Bícame Frank' que está xa a piques de sair do prelo e que, de novo, é protagonizada polo seu detective, tan seguido no noso país, Frank Soutelo. O venres 28 sairá a novela do prelo […]

Presentación de 'As lambetadas de Larpeiros' de Merchi Rodal en Bueu

Este xoves asistiremos á presentación do libro "As lambetadas de Larpeiros", de Merchi Rodal, no Restaurante Casa Quintela de Bueu (Rúa Eduardo Vincenti, 24). Acompañarán á autora o cociñeiro Benigno Campos, Xosé Cermeño, director do programa LARPEIROS e o editor Francisco Castro. Non vai ser unha presentación ao uso, pois ao remate do acto, a […]

'Ilustrísima' de Carlos Casares. Máis lectores e lectoras. Novas edicións

'Ilustrísima' saiu do prelo no ano 1980. Dende entón, convertiuse nunha das obras máis queridas polos lectores e lectoras de Carlos Casares. E dende aquela, as reedicións foron unha constante neste libro que se vende ano tras ano e que, co paso do tempo, gaña en solidez. Estes días a Editorial Galaxia publica unha nova […]

Novo premio para 'Laura no deserto'

O libro de Antón Riveiro Coello, 'Laura no deserto' fíxose merecente esta pasada fin de semana do premio Frei Martín Sarmiento na categoría de adultos. Este é un premio dos máis singulares e gorentosos para cualquier autor ou autora do noso país porque o xurado é moi amplo, tanto que, nesta categoría na que o […]

Nova edición para 'Hora zulú'

Estes días está a chega ás librerías de todo o país unha nova edición da novela gañadora do premio de novela Manuel García Barros deste ano pasado, 'Hora zulú' de Santiago Lopo. Se xa namorara á crítica e ao xurado que decidiu premiala, aos poucos foi gañando tamén o favor do público, de tal xeito […]

Presentación de 'A máscara de Ulises' de Xosé Carlos Caneiro en Ourense

Este sábado, o escritor de Verín, Xosé Carlos Caneiro, na compaña do director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, presentará o seu novo libro, compendio de moitos dos seus relatos ao longo de varias décadas, 'A máscara de Ulises', un volume co que o autor, ao xuntalos no libro, pretendeu, entre outras cousas, […]