O libro de Antón Riveiro Coello, 'Laura no deserto' fíxose merecente esta pasada fin de semana do premio Frei Martín Sarmiento na categoría de adultos.
Este é un premio dos máis singulares e gorentosos para cualquier autor ou autora do noso país porque o xurado é moi amplo, tanto que, nesta categoría na que o libro de Riveiro Coello gañou, participan máis de 400 lectores e lectoras entre alumnado de Bacharelato e nais e pais.
Un novo galardón que suma ao Premio da Crítica Española 2011 de narrativa en lingua galega e ao Premio AELG 2012 de narrativa.