Estes días está a chega ás librerías de todo o país unha nova edición da novela gañadora do premio de novela Manuel García Barros deste ano pasado, 'Hora zulú' de Santiago Lopo. Se xa namorara á crítica e ao xurado que decidiu premiala, aos poucos foi gañando tamén o favor do público, de tal xeito que agora nos vemos obrigados a volver imprimir esta novela intrigante e profunda.
No seu día, o xurado destacou que «é unha novela que desde a variedade de rexistros literarios de calidade (cartas, poesía, informes…) apreixa o lector para contar unha historia de actualidade científica que cuestiona as fronteiras espazotemporais e reivindica os valores ecoloxistas». Ademais, tamén valoraron a concepción do psiquiátrico como unha metáfora da sociedade actual que lle serve ao autor para elaborar con destreza a biografía dun científico comprometido co seu tempo e o activismo social.
Agora, de novo, nas librerías agardando por novos lectores e lectoras.