'Rosalía pequeniña' en Mos

Este xoves, e dentro dos actos programados dentro do programa Falaredes, da Sescretaria Xeral de Política Lingüística, celebrarase o espectáculo, en Mos, 'Rosalía pequeniña' a cargo de Uxía. Na localidade mosense é festivo e o acto enmárcase dentro dos actos da Festa da Rosa. 'Rosalía pequeniña' é un espectáculo que, como no libro-disco que acabamos […]
Cartas e lembranzas

Estes días chega ás librerías de todo o país un novo libro de Xosé Neira Vilas: 'Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego'. Neste libro, o autor de Memorias dun neno labrego reúne un mangado de lembranzas sobre o seu amigo, o editor e escritor Francisco Fernández del Reigo, a carón da correspondencia […]
Literatura para o Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, 5 de xuño, celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Medio Ambiente, unha celebración instituída pola ONU no ano 1972 co obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de coidar a nosa casa común, o planeta terra. A literatura, neste senso, pode ser unha ferramenta máis que axeitada para achegar valores de […]
Recta final para presentar orixinais ao Premio Repsol de Narrativa Breve

Como todos os anos convócase o premio de Narrativa Breve Repsol que promoven a Fundación Repsol e a SXPL coa colaboración da Editorial Galaxia. O orixinal que resulte gañador será publicado pola nosa editora. O prazo de presentación das novelas diante da Fundación Repsol estará aberto ata o vindeiro 19 de xullo. Os textos deberán […]
Presentado o segundo volume da antoloxía en galego e inglés da literatura galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Editorial Galaxia e Edicións Xerais de Galicia presentaron onte o segundo volume da antoloxía bilingüe galego-inglés da literatura galega. Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é o título desta obra que inclúe sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos. É tamén a […]
Presentouse 'As lambetadas de LARPEIROS'

Onte foi unha xornada moi dóce na Casa do Libro de Vigo pois presentamos 'As lambetadas de LARPEIROS', o libro máis dóce do popular programa da Televisión de Galicia e da autoría de Merchi Rodal. No acto estiveron presentes, ademais da autora, o cociñeiro Benigno Campos, o director do programa, Xosé Cermeño, e o director […]
Escoita de balde un tema de 'Rosalía Pequeniña'

Dende a ligazón á dereita destas páxinas podes descargar o tema, presente no novo libro-disco de Uxía, 'Rosalía pequeniña', o tema 'A grasia non era moita', que pecha o traballo e no que a cantautora Sés e a propia Uxía, achegan a Rosalía a nós, a ritmo de blues. Harmónicas que falan, guitarras que bambolean […]
Presentación do segundo tomo da 'Antoloxía da literatura galega' de Jonathan Dunne

Este xoves presentarase, en rolda de prensa diante dos medios de comunicación, o segundo tomo da 'Antoloxía da literatura galega' de Jonathan Dunne. A presentación será no salón de actos e contará coas seguintes intervencións: – Secretario xeral de Cultural, Anxo M. Lorenzo Suárez – Director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes – Director […]