Escoita de balde un tema de 'Rosalía Pequeniña'

Categoría: Nova

Dende a ligazón á dereita destas páxinas podes descargar o tema, presente no novo libro-disco de Uxía, 'Rosalía pequeniña', o tema 'A grasia non era moita', que pecha o traballo e no que a cantautora Sés e a propia Uxía, achegan a Rosalía a nós, a ritmo de blues.
Harmónicas que falan, guitarras que bambolean o mundo. E Rosalía, pirata dos nosos días, punki galega de hoxe, como nos lembra Begoña Caamaño, soando festeira e liberadora no século XXI.

Comparte nas túas redes sociais ou por email