'Rosalía pequeniña' en Mos

Categoría: Nova

Este xoves, e dentro dos actos programados dentro do programa Falaredes, da Sescretaria Xeral de Política Lingüística, celebrarase o espectáculo, en Mos, 'Rosalía pequeniña' a cargo de Uxía. Na localidade mosense é festivo e o acto enmárcase dentro dos actos da Festa da Rosa.
'Rosalía pequeniña' é un espectáculo que, como no libro-disco que acabamos de publicar, mestura poemas de Rosalía de Castro, ilustracións de Marina Seoane e mais a voz de Uxía.
O espectáculo está dirixido aos máis pequenos da casa e ao público familar e presenta unha Rosalía meniña que quere ser pirata, soñadora, rebuldeira e, en definitiva, unha rapaza dos nosos días.
Á dereita destas liñas, deixamos unha canción para que poidamos ir abrindo boca.

Comparte nas túas redes sociais ou por email