Estes días chega ás librerías de todo o país un novo libro de Xosé Neira Vilas: 'Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego'.
Neste libro, o autor de Memorias dun neno labrego reúne un mangado de lembranzas sobre o seu amigo, o editor e escritor Francisco Fernández del Reigo, a carón da correspondencia que con el se conserva. Trátase dunha comunicación cruzada entre a cidade de Vigo, onde residía o editor, e Buenos Aires, A Habana e a aldea natal de Gres, os "tres mundos" de Neira Vilas. Corenta e seis anos de vencello epistolar nun libro de homenaxe á amizade no que a escritura se traza sobre a urda do tempo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR