Unha historia crúa, fonda, verdadeira

Lúa ten 16 anos e vive en Barcelona. Desde a morte do seu pai, arrastra unha dor que non sempre se ve, pero que todo o invade. O que para outros é rutina, para ela é resistencia. A súa vida faise eco, espiral, lembranza, ausencia. Neste relato íntimo e poderoso que é Cando marchan as […]
No pasamento de Fernando Venâncio

Desde Editorial Galaxia lamentamos fondamente o falecemento do escritor, tradutor e investigador portugués Fernando Venâncio (Mértola, Alentejo, 1944 – 30 de maio de 2025), unha das figuras máis destacadas da lingüística portuguesa contemporánea e un intelectual comprometido co diálogo entre as culturas galega e portuguesa. Profesor universitario nos Países Baixos, nas universidades de Nimega, Utrech […]
A nova novela de Cristina Pato explora os límites entre arte e vida

Tras dar á luz a súa primeira novela No día do seu enterro (Editorial Galaxia, 2022), a escritora, música e educadora Cristina Pato regresa ás librarías cun novo título que leva por título Fóra de foco. Nesta nova obra, Pato mergúllanos na historia de Marieta Carracedo, unha xornalista de Madrid que se obsesiona co misterio que […]
Acto de entrega do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O venres 30 de maio, ás 12 h, celebrarase, no Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, o acto de presentación da obra Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras, gañadora do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2024. No acto participarán Patricia Lojo, concelleira de Cultura da Pobra do […]
Acto de celebración do VIII Premio Roberto Vidal Bolaño no Porriño

O mércores 28 de maio, celebrarase, ás 19 h, no salón de actos do IES Ribeira do Louro, no Porriño, a gala de entrega do VIII Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, concedido a Iván Caloto pola obra Os rapaces só se tocan para darse de hostias. Acompañando o gañador, o acto contará coa participación […]
Galaxia estrea un documental para celebrar os seus 75 anos de historia

Este mes de xuño presentarase o documental Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, unha peza audiovisual que percorre a historia da editorial desde a súa fundación en 1950 ata a actualidade. O equipo de Galaxia tivo a oportunidade de visualizar hai uns días, na súa sede, a versión final; dirixido por Ana Viqueira e […]
A lingua galega protagonista na canle europea minet-TV

O pasado mes tivemos a honra de participar nunha reportaxe da canle europea minet-TV, dentro dunha serie dedicada ás linguas minorizadas de Europa. Neste episodio, Galicia e a súa lingua foron as protagonistas, poñendo o foco na súa vitalidade, evolución e presenza na sociedade actual. Editorial Galaxia participou na reportaxe producida pola canle do Südtirol […]
Galaxia na estrea de “Antes de Nós”, a película que nos achega ao Castelao máis íntimo

Este mércores celebrouse na Coruña a estrea de Antes de Nós, a nova longametraxe de Ángeles Huerta que nos propón un retrato íntimo e pouco convencional de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A través da relación persoal entre Castelao e a súa muller, Virxinia Pereira, o filme mergúllanos nunha Galicia anterior á “xeración Nós”, nun tempo […]