Orgullosamente diversas. Lecturas para ampliar a mirada

O 28 de xuño é unha data para celebrar, mais tamén para lembrar que a loita polos dereitos da comunidade LGTBIQ+ continúa. En Galaxia acompañamos esta causa con libros que nos axudan a entender outras realidades e a vivilas desde a empatía, a liberdade e o respecto. Historias que nos levan máis alá do binarismo, […]
Marilar Aleixandre reconstrúe o silencio familiar na súa nova novela “As bocas cosidas”

En As bocas cosidas, Marilar Aleixandre mergúllase nos silencios da súa propia familia para dar forma a unha historia sepultada durante décadas. A obra nace a partir dun feito real: en xaneiro de 2010, o pai da autora contou que lle pediran unha mostra de saliva para identificar un curmán soterrado nunha foxa, nun cementerio […]
Foros Grial: “Impacto social da ciencia e da tecnoloxía”, na Coruña

O xoves 26 de xuño celebrarase, a partir das 16 h, no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), na Coruña, o programa “Foros Grial Galicia 2025. Pensar cara adiante”, especializado no “Impacto social da ciencia e da tecnoloxía”, coordinado por Marilar Aleixandre e Sonia Villapol. 16.20 h. Xan López Saborido. “Estratexias experimentais fronte á […]
Alfonso Cáccamo, na memoria

O Concello de Nigrán celebra esta semana un homenaxe ao escritor Alfonso Álvarez Cáccamo. O escritor e profesor vigués(Vigo, 23 de outubro de 1952 – 4 de marzo de 2024) faleceu aos 71 anos de idade na cidade olívica. Foi mestre e iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. Autor polifacético […]
Begoña Caamaño, Letras Galegas 2026

A Real Academia Galega vén de anunciar que o Día das Letras Galegas 2026 estará dedicado a Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014), unha autora que fixo do xornalismo e da literatura espazos de reflexión, compromiso e palabra colectiva. A decisión salda unha débeda coa súa figura, símbolo dunha escrita feminista e […]
Inauguramos o documental “Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia”

Onte, no cinema NUMAX de Santiago de Compostela, tivo lugar a estrea do documental Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, unha peza producida por Nós Televisión en colaboración con Editorial Galaxia, que percorre máis de sete décadas de historia editorial e cultural galega. Presentaron a peza Ana Viqueira, directora do filme, e Xosé Soutullo, […]
Nerea Pallares recibe o Premio García Barros 2025 por “Punto de araña”

Punto de araña, Premio de Novela García Barros 2025 de Nerea Pallares, chega ás librarías. Unha obra que abraza a forza do mar e das voces esquecidas, e que se ergue como unha homenaxe ás mulleres que, en silencio, sosteñen o mundo. Ari chega a Camariñas chamada por un vento vello, por un mar que […]
Estrea do documental “Crear porvir. 75 anos Editorial Galaxia”

O vindeiro xoves 19 de xuño, ás 20:00 h, o cinema NUMAX de Santiago de Compostela acollerá a estrea do documental Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, unha peza audiovisual que percorre a traxectoria da editorial desde a súa fundación en 1950 até a actualidade. O documental, dirixido por Ana Viqueira e Diego Frey […]