Editorial Galaxia na Praza dos Libros de Carballo

Do 10 ao 13 de xullo, a Praza do Concello de Carballo énchese de literatura, encontros e creatividade coa celebración dunha nova edición da Praza dos Libros (PLIC!). Unha feira cultural que acredita o compromiso do Concello coa promoción da cultura galega e que contará cun completo programa de actividades, sinaturas e encontros. Dende Editorial […]
Xa podes ler a separata de “O lanzador de coitelos”, Premio Galaxia de Novela

Esta semana compartimos un adianto moi especial: a separata de O lanzador de coitelos, a novela coa que Fernando Castro Paredes obtivo o Premio Galaxia de Novela, un dos títulos máis esperados do ano. Un sicario. Un poeta húngaro emigrado a París. Un secuestro con consecuencias inesperadas que rematará sendo unha viaxe cara ao pasado […]
Chega ás librarías “Odio”, I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025

Chega “Odio”, gañadora do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025 ás librarías! As Terras de Poñente están a piques de estourar. Unha nova guerra entre humanos e droides semella inevitable. Con ecos de ciencia ficción clásica e unha marcada identidade galega, Gabriel Romero de Ávila lévanos a un futuro no que Neo […]
Editorial Galaxia na Festa dos Libros de Pontevedra 2025

Do 4 ao 6 de xullo, Pontevedra convértese no epicentro da lectura co regreso da Festa dos Libros, ateigando a Praza da Ferraría de historias, conversas, sinaturas e emocións arredor do mundo editorial galego. Desde Editorial Galaxia, sumámonos a esta celebración cunha ampla programación que pon en valor o talento das nosas autoras e autores. […]
Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, en Ferrol

O xoves 3 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na sala de exposicóns de Afundación de Ferrol, a inauguración da exposición Crear porvir. Editorial Galaxia (1950-2025). No acto participarán Verónica Rego López, Coordinadora Relacións Institucionais de Afundación; Xavier Alcalá, autor de Editorial Galaxia; José Antonio Ponte-Far, concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol; Severino Álvarez, director […]
Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo 2025

Do 1 ao 7 de xullo, Vigo convértese no epicentro da literatura galega coa celebración da súa Feira do Libro, un encontro imprescindible para lectoras e lectores de todas as idades. Desde Editorial Galaxia convidámoste a gozar dunha ampla programación de presentacións, sinaturas e encontros arredor das nosas últimas novidades editoriais, con propostas para todos […]
Convócase a edición XIX do Premio Narrativa Breve Repsol

Fundación Repsol lanza a XIX edición do Premio Narrativa Breve Repsol en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia que busca impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega. O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e a directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Natalia […]
Estrea en aberto do documental que aborda os 75 anos de Editorial Galaxia

Editorial Galaxia estrea, en conxunto con Nós Televisión, hoxe sábado 28 de xuño o documental ‘Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia’ na nosa canle de youtube, e tamén de Nós Televisión, xunto as plataformas de Nós Televisión en R (ás 21 h no dial 9) e Movistar Plus. A peza audiovisual, producida por Nós Televisión […]