No 125 aniversario da Gran Dama da Novela Negra

Tal día coma hoxe de hai 125 anos nacía Ágatha Cristie. A Editorial Galaxia ten dende hai anos no seu catálogo cinco das súas obras máis recoñecidas universalmente, entre outras, 'Asasinato no Orient Express' ou 'Dez negriños'. De feito, creamos a Biblioteca Ágatha Christie como adoitamos facer cos grandes clásicos da literatura. Ano tras ano, […]

A colección Árbore chega ao número 200

Coa publicación de VIC E BOMBONA, de Sara Barreiro, a colección Árbore, na que se integran os libros destinados ao público infantil, chega ao seu número 200. Unha árbore, xa que logo, vizosa e chea de follas de papel coma froitos da imaxinación. A colección Árbore é un selo estratéxico xa non só no catálogo […]

As mulleres do monte

Entre as novidades literarias deste outono que está a piques de comezar, a Editorial Galaxia publica o libro de José Antonio Gurriarán, AS MULLERES DO MONTE, un libro que é o resultado da busca de testemuños e documentos realizada durante varios anos polo autor, investigación que iniciou para completar as lembranzas da súa infancia no […]

Xornada na honra de Xaime Isla Couto no centenario do seu nacemento

A RAG celebra na Casa da Cultura de Vigo unha mesa redonda sobre Xaime Isla Couto, un dos fundadores da Editorial Galaxia. Xabier Martínez Cobas participará coa intervención titulada "Xaime Isla Couto e a economía galega"; Xosé Luís Franco Grande, con "Xaime Isla Couto ou o proxecto permanente" e Víctor F. Freixanes falará sobre a […]

Descarga de balde un relato do novo libro de Iván García Campos

Durante este mes de agosto, dende un banner activo na web da nosa Editorial, é posible descargar o primeiro relato do novo libro de Iván García Campos, 'Cuestións vitais secretas', un volume no que o autor bota luz sobre aspectos da realidade que, polo xeral, permanecen agochados á ollada normal das persoas. Un petisco para […]

Fina Casalderrey, Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Letras

A escritora Fina Casalderrey, o debuxante Miguelanxo Prado, a actriz María Bouzas, o cineasta Ignacio Vilar, o Real Coro Toxos e Froles, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e a investigadora Kathleen Nora March son os galardoados nas diferentes modalidades dos Premios da […]

Fin de semana de música, libros e cine

Durante a Feira do Libro da Coruña que o vindeiro luns remata, a Editorial Galaxia tivo un protagonismo grande que vai completarse esta fin de semana, e o luns, con máis actos de presentacións de libros e concertos. Así pois, mañá sábado, e dentro dos actos da Semana da Música Infantil que a nosa editorial […]

Cales son as túas #lecturasdeveran?

O estío é unha época na que, segundo todos os indicadores, medra o hábito lector. É unha obviedade, pero temos máis tempo para nós e, daquela, atopámonos cos libros que, ás veces, levan meses agardando, pacientes, por nós, nos andeis da casa ou á beira da cama. Unha das cousas boas que ten a lectura […]