Xornada na honra de Xaime Isla Couto no centenario do seu nacemento

A RAG celebra na Casa da Cultura de Vigo unha mesa redonda sobre Xaime Isla Couto, un dos fundadores da Editorial Galaxia. Xabier Martínez Cobas participará coa intervención titulada "Xaime Isla Couto e a economía galega"; Xosé Luís Franco Grande, con "Xaime Isla Couto ou o proxecto permanente" e Víctor F. Freixanes falará sobre a […]

Descarga de balde un relato do novo libro de Iván García Campos

Durante este mes de agosto, dende un banner activo na web da nosa Editorial, é posible descargar o primeiro relato do novo libro de Iván García Campos, 'Cuestións vitais secretas', un volume no que o autor bota luz sobre aspectos da realidade que, polo xeral, permanecen agochados á ollada normal das persoas. Un petisco para […]

Fina Casalderrey, Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Letras

A escritora Fina Casalderrey, o debuxante Miguelanxo Prado, a actriz María Bouzas, o cineasta Ignacio Vilar, o Real Coro Toxos e Froles, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e a investigadora Kathleen Nora March son os galardoados nas diferentes modalidades dos Premios da […]

Fin de semana de música, libros e cine

Durante a Feira do Libro da Coruña que o vindeiro luns remata, a Editorial Galaxia tivo un protagonismo grande que vai completarse esta fin de semana, e o luns, con máis actos de presentacións de libros e concertos. Así pois, mañá sábado, e dentro dos actos da Semana da Música Infantil que a nosa editorial […]

Cales son as túas #lecturasdeveran?

O estío é unha época na que, segundo todos os indicadores, medra o hábito lector. É unha obviedade, pero temos máis tempo para nós e, daquela, atopámonos cos libros que, ás veces, levan meses agardando, pacientes, por nós, nos andeis da casa ou á beira da cama. Unha das cousas boas que ten a lectura […]

Preparando o outono literario

As cociñas da editorial están a punto. En setembro e outubro haberá noticias. Excelentes noticias. A próxima novela de Xosé Neira Vilas, por exemplo: "O latexar da aldea", unha viaxe polo mundo rural noso, cunha técnica semellante á que no seu día o escritor de Gres empregou para "Remuíño de sombras" (1973), naquel caso centrada […]

Finou Luís Rei

Deixounos Luís Rei o día de San Lourenzo, así o escribiría el que tanto gustaba das haxiografías. Luís era bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados, pero era moito máis ca un funcionario, porque o amor e a entrega polo que facía nunca entendeu nel de horarios, nin de quendas, nin de vacacións, […]

María Victoria Moreno, protagonista do Día das Galegas nas Letras

A plataforma A Sega celebrará a súa conmemoración anual da lingua e literatura, o Día das Galegas nas Letras, que se desenvolverá o vindeiro 15 de agosto e que este ano está dedicado á escritora nacida en Extremadura (e afincada en Pontevedra dende 1963), pero que sempre viviu no galego, María Victoria Moreno. No catálogo […]