A RAG celebra na Casa da Cultura de Vigo unha mesa redonda sobre Xaime Isla Couto, un dos fundadores da Editorial Galaxia. Xabier Martínez Cobas participará coa intervención titulada "Xaime Isla Couto e a economía galega"; Xosé Luís Franco Grande, con "Xaime Isla Couto ou o proxecto permanente" e Víctor F. Freixanes falará sobre a relación do intelectual coa editorial Galaxia. Modera Rosario Álvarez.
Podes consultar o programa na ligazón á dereita destas liñas.