Finou o crítico literario Manuel Rodríguez Alonso

Era todo un clásico o seu blogue Bouvard e Pécuchet, singular nome no que se acubillaba o crítico Manuel Rodríguez Alonso para se ocupar das novidades literarias que ían deitando nas librerías as editoriais galegas. Voz crítica e libre, verdadeiro experto en cuestións lingüísticas, destacaba pola súa lectura atenta, sempre ecuánime como corresponde a un […]

Fina Casalderrey, Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Letras

A escritora Fina Casalderrey, o debuxante Miguelanxo Prado, a actriz María Bouzas, o cineasta Ignacio Vilar, o Real Coro Toxos e Froles, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e a investigadora Kathleen Nora March son os galardoados nas diferentes modalidades dos Premios da […]

Xornada na honra de Xaime Isla Couto no centenario do seu nacemento

A RAG celebra na Casa da Cultura de Vigo unha mesa redonda sobre Xaime Isla Couto, un dos fundadores da Editorial Galaxia. Xabier Martínez Cobas participará coa intervención titulada "Xaime Isla Couto e a economía galega"; Xosé Luís Franco Grande, con "Xaime Isla Couto ou o proxecto permanente" e Víctor F. Freixanes falará sobre a […]

As mulleres do monte

Entre as novidades literarias deste outono que está a piques de comezar, a Editorial Galaxia publica o libro de José Antonio Gurriarán, AS MULLERES DO MONTE, un libro que é o resultado da busca de testemuños e documentos realizada durante varios anos polo autor, investigación que iniciou para completar as lembranzas da súa infancia no […]

A colección Árbore chega ao número 200

Coa publicación de VIC E BOMBONA, de Sara Barreiro, a colección Árbore, na que se integran os libros destinados ao público infantil, chega ao seu número 200. Unha árbore, xa que logo, vizosa e chea de follas de papel coma froitos da imaxinación. A colección Árbore é un selo estratéxico xa non só no catálogo […]

No 125 aniversario da Gran Dama da Novela Negra

Tal día coma hoxe de hai 125 anos nacía Ágatha Cristie. A Editorial Galaxia ten dende hai anos no seu catálogo cinco das súas obras máis recoñecidas universalmente, entre outras, 'Asasinato no Orient Express' ou 'Dez negriños'. De feito, creamos a Biblioteca Ágatha Christie como adoitamos facer cos grandes clásicos da literatura. Ano tras ano, […]

O Otero Pedrayo universitario

Estes días irá chegando ás librerías de Galicia o libro LEMBRANZAS DO MEU VIVIR II de Ramón Otero Pedrayo centrado nos tempos da universidade, en Madrid, entre os anos 1904 e 1912. Don Ramón, ademais de grande polígrafo e patriarca das letras galegas, foi un modelo de universitario, primeiro como estudante e, logo, como profesor. […]

Os pequenos da casa tamén van de festival

Malia que o verán está chegando á súa fin, aínda son moitas as citas festivas que restan en Galicia ata que comece formalmente o outono. Unha delas, o consolidado Festival de la Luz, que nesta súa cuarta edición continúa apostando polo incremento de actividades destinadas aos máis pequenos e pequenas da casa. Entre elas, figuran […]