Estes días irá chegando ás librerías de Galicia o libro LEMBRANZAS DO MEU VIVIR II de Ramón Otero Pedrayo centrado nos tempos da universidade, en Madrid, entre os anos 1904 e 1912.
Don Ramón, ademais de grande polígrafo e patriarca das letras galegas, foi un modelo de universitario, primeiro como estudante e, logo, como profesor.
Neste novo volume que recolle as súas acordanzas, escrito pouco tempo despois da súa xubilación, ofrécenos un xeito de viaxe que nos permitirá coñecer, máis aínda, a grandeza dun home indispensable para entender isto que chamos Galicia.