Chega ás librarías Vic e Bombona

Publicamos unha nova historia de aventuras para os nenos e nenas de dez anos en diante, unha incríble viaxe protagonizada pola cadela máis lista do mundo e un neno que é un pequeno desastre… ou non! Axiña chegará ás librarías Vic e Bombona, a primeira novela de Sara Barreiro (Poio, 1981). Licenciada en Ciencias Políticas […]

Mamá Cabra continua entre as preferencias da rapazada galega

Cando o grupo de música infantil Mamá Cabra desembarcou no catálogo de Galaxia xa eran unha das formacións máis importantes do país. Mais é innegable que coa publicación de 'Ola, ola, lá!' que estes días volvemos editar para poder satisfacer as demandas dos seus seareiros, supuxo un antes e despois na súa carreira. A acollida […]

As laranxas de Casares, sempre saborosas

Un dos obxectivos que sempre se planteou como obrigatorios no seu traballo literario Carlos Casares foi o de producir textos infantís, de varios xéneros, para fornecer o sistema literario galego dunha oferta atractiva de produtos sedutores para a cativada do país. Por iso a súa presenza na LIX foi sempre tan importante. E por iso, […]

Unha Esmorga que non remata

Dende o primeiro día no que saíu publicada, A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor converteuse nun clásico. Para moitos, e semella algo incuestionable, estamos diante da mellor novela nunca escrita na nosa lingua. Quizais por iso, xeración tras xeración, milleiros de galegos e galegas volven cada ano os seus ollos cara esta obra que profunda […]

Tempos chegados?

O título recolle a pregunta presente no himno galego. 'Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza' reúne, baixo da edición de Arturo de Nieves e Carlos Taibo, traballos de Justo Beramendi, Joám Evans, José Antonio Portero e Xavier Vence. Un texto chamado a reflexionar sobre uns tempos, os de hoxe, convulsos no contexto planetario […]

Finou Luís Rei

Deixounos Luís Rei o día de San Lourenzo, así o escribiría el que tanto gustaba das haxiografías. Luís era bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados, pero era moito máis ca un funcionario, porque o amor e a entrega polo que facía nunca entendeu nel de horarios, nin de quendas, nin de vacacións, […]

Preparando o outono literario

As cociñas da editorial están a punto. En setembro e outubro haberá noticias. Excelentes noticias. A próxima novela de Xosé Neira Vilas, por exemplo: "O latexar da aldea", unha viaxe polo mundo rural noso, cunha técnica semellante á que no seu día o escritor de Gres empregou para "Remuíño de sombras" (1973), naquel caso centrada […]

Cales son as túas #lecturasdeveran?

O estío é unha época na que, segundo todos os indicadores, medra o hábito lector. É unha obviedade, pero temos máis tempo para nós e, daquela, atopámonos cos libros que, ás veces, levan meses agardando, pacientes, por nós, nos andeis da casa ou á beira da cama. Unha das cousas boas que ten a lectura […]