Mamá Cabra continua entre as preferencias da rapazada galega

Categoría: Nova

Cando o grupo de música infantil Mamá Cabra desembarcou no catálogo de Galaxia xa eran unha das formacións máis importantes do país. Mais é innegable que coa publicación de 'Ola, ola, lá!' que estes días volvemos editar para poder satisfacer as demandas dos seus seareiros, supuxo un antes e despois na súa carreira.
A acollida que tivo este libro-CD-DVD foi espectacular, vendéndose varios miles de exemplares en moi poucos meses. Dende aquela, outro tanto aconteceu con todos e cada un dos libro-discos que fomos publicando no noso catálogo que, sen dúbida, axiña ha acrecentarse cun novo traballo da banda liderada por Gloria Roel.

Comparte nas túas redes sociais ou por email