O estío é unha época na que, segundo todos os indicadores, medra o hábito lector. É unha obviedade, pero temos máis tempo para nós e, daquela, atopámonos cos libros que, ás veces, levan meses agardando, pacientes, por nós, nos andeis da casa ou á beira da cama.
Unha das cousas boas que ten a lectura é que é un pracer que se pode compartir. Prestamos os libros (aínda que non sempre volven), e falamos dos que nos gustan. Cando gorentamos dunha historia, dunha reflexión nun ensaio, dun mollo de poemas fermosos, gustamos, tamén, de llo contar ás persoas coas que temos contacto.
Ese pracer, ese hábito, hoxe, atopan novos camiños de expresión a través das redes sociais.
Por iso, dende o twitter da nosa editorial (@EdGalaxia) propoñémosvos que compartades, a partir do hastag #lecturasdeveran os libros que vos gustan, os que vos fan tremer, os que non podedes parar de ler ata o final.
Boas lecturas e bo verán.
Volvemos en setembro!