GALAXIA NA FLIV

Velaquí toda a programación da Editorial Galaxia no Festival Virtual do Libro de Galicia! Impulsado por Data Lib, Fervenzas literarias e Anna R. Figueiredo, nace o FLIV 2020, o I Festival Virtual da Literatura galega. Programación: Venres 26 de xuño 12:00 h. Habitamos historias? Cal é o papel da lectura na sociedade. Javier Pintor conduce […]
A Editorial Galaxia recibe a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego

Onte pola mañá recibimos na Editorial Galaxia a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego que quixo partillar con nós as súas ideas de cara ao apoio ao mundo da edición e do libro de Galicia. Acodiron á nosa sede de Vigo, Luís Bará, Alexandra Fernández, Xabier P. Igrexas e Carmela González. Foron recibidos polo noso presidente, […]
Arranca a Escola de Letras co seu primeiro curso

Onte, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, en compaña da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaban a Escola de Letras, pioneira en Galicia, en Vigo. Á presentación tamén acudiu o resto do claustro, formado pola escritora Inma López Silva e os escritores Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez. A Escola de Letras, que […]
Sinatura de “Papá, por que non pintas as unllas de cores?”, de Jorge García Marín

O día 17 de xuño, ás 19:00 h, celebrarase a Sinatura de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín, na primeira Feira do Libro 2020, en Santiago de Compostela (Paseo central da alameda). Educando (construíndo) masculinidades disidentes Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. […]
Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Santiago

Comeza a primeira Feira do Libro 2020 coa Feira de Santiago de Compostela! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 13 ao 21 de xuño en horario de maña: 11.30 – 14.00 e de tarde: 17.30 – 21.00 No paseo central da alameda de Compostela. Velaquí o programa de sinaturas no que participarán […]
Presentación virtual de “O país do porvir”

O día 11 de xuño, ás 19 h, celebrarase, a través da plataforma ZOOM, a presentación de O país do porvir, de Xoaquín Fernández Leiceaga. Acompañando ao autor, coordinará o evento Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Poderedes acceder ao encontro a través da seguinte ligazón e contrasinal: A Editorial Galaxia invítalle á reunión de Zoom programada. Tema: Presentación de “O país do porvir”, de Xoaquín Fernández Leiceaga Hora: 11 xuño 2020 19:00 PM Unirse á reunión Zoom https://zoom.us/j/8208888663?pwd=ZVh6S2VSbWwyOWJWaktNTXZ2KzhNZz09 ID da reunión: 820 888 8663 Contrasinal: 5SEGD2 […]
“Ilustrísima”, de Carlos Casares, cumpre 40 anos

Neste 2020 cúmprense 40 anos de Ilustrísima, unha das obras máis senlleiras do escritor, crítico literario e antigo director da Editorial Galaxia, Carlos Casares. Publicada por Galaxia en 1980, Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século […]
Catro libros de Galaxia, seleccionados na lista de honra da OEPLI

A OEPLI (Organización Española para la Promoción del Libro Infantil y Juvenil) destacou catro títulos da Editorial Galaxia na Lista de Honra 2020. Cada dous anos, a OEPLI organiza esta lista en que son seleccionados os 200 mellores libros de literatura infantil e xuvenil en todas as linguas de España. Trátase dun gran mérito que catro dos […]