A Editorial Galaxia estará no I Festival Virtual do Libro de Galicia

A Editorial Galaxia estará presente con 11 actos. Aquí o programa completo da Editorial Galaxia na FLIV: Venres 26 de xuño 12:00 h. Mesa Redonda: Animación á lectura. As autoras de Habitando historias presentarán o libro, en compaña de Javier Pintor Naír, na sala Xulio Amigo. 18:00 h. Recital poético para  a rapazada. Autoras e autores […]

Xa está nas librerías “Historia da literatura galega contemporánea”, de Carballo Calero

Dispoñible nas librerías de toda Galicia. Xa podedes adquirir o voso exemplar de Historia da literatura galega contemporánea, de Ricardo Carballo Calero. Trátase dun facsímile da edición orixinal, publicada en 1981. Entre 1808 e 1936, datas decisivas da historia peninsular e, polo tanto, da historia de Galicia, desenvólvese un ciclo da literatura galega que chamamos contemporánea, […]

Tres libros de Galaxia, finalistas na XVII edición do Frei Martín Sarmiento

Tres libros de Galaxia, finalistas na XVII edición do certame literiario Frei Martín Sarmiento. Este foi o resultado tras convocarse a próxima edición, que cada vez conta con máis participación entre o alumnado da rede de colexios de Escolas Católicas. Na categoría infantil, resultou finalista o último traballo de Mamá Cabra, A fraga do meu avó. […]

Esta semana, “Pandemia” de Slavoj Žižek nas librerías de toda Galicia

A Editorial Galaxia vén de publicar esta obra do que é considerado por moitos o pensador vivo máis influente da actualidade. Dende esta semana estará nas librarías de toda Galicia en tradución de Carlos Aymerich. Pandemia. A Covid-19 sacode o mundo é un texto no que Žižek reflexiona sobre a pandemia do coronavirus e a […]

Cada venres, Malores Villanueva falará dos libros de Galaxia en La Voz de Galicia

Na Editorial Galaxia estamos moi felices porque a nosa compañeira Malores Villanueva comeza a colaborar, dende hoxe, na sección Fugas de La Voz de Galicia. Cada venres, sairá un artigo da súa man neste xornal, poñendo en relevo a actividade da Editorial Galaxia. O seu traballo vai consistir en revisar os libros máis importantes destes 70 […]

Heidi Künh, o colibrí dourado

A escritora Miriam Couceiro lembra á escritora Heidi Künh. Naqueles anos nos que en Galicia convivían as viúvas dos vivos coas viúvas dos mortos un mozo de Ordes marchou con equipaxe lixeiro en pertenzas pero pesado en esperanzas cara Alemaña, onde o esperaba unha irmá, que se lle adiantara naquel éxodo, e un traballo nunha […]

Presentación virtual de “O derradeiro libro de Emma Olsen”

O xoves 28, ás 19:00 h, celebrarase a presentación da novela gráfica O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila e Pablo Prado. Acompañando aos autores, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, coordinará o evento. Celebrarase na plataforma ZOOM. Podedes acceder ao encontro a través da seguinte ligazón e contrasinal, o día 28 […]