17 títulos LIX de Galaxia, entre os máis influentes en Galicia

A guía do PLAMBE recolle 17 títulos LIX da Editorial Galaxia, como os máis influentes, en Galicia, nos últimos 15 anos. Trátase de libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas galegas e que, despois de acompañar os nenos e nenas no seu desenvolvemento persoal, contan cun amplo recoñecemento do público, facendo da LIX galega unha literatura […]

Porque é tan difícil que os homes cambien?

Porque é tan difícil que os homes cambien? Masculinidades disidentes. O día 26 de maio, ás 18:00 h, celebrarase, na canle de Youtube do Ateneo Atlántico, un debate con Jorge García Marín, autor de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, presentado por Luisa Abad. A conexión pode ser a través da Canle de […]

Relación de obradoiros da Escola de Letras ata fin de ano

Dende hoxe queda aberto o prazo para inscribirse nos Obradoiros da Escola de Letras que impulsan a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Para formalizar a inscrición hai que enviar un correo electrónico indicando o nome da persoa interesada no ASUNTO e no corpo do correo, en cal se quere un matricular. Haino que […]

Xa podes inscribirte no primeiro curso da Escola de Letras

Celebrarase en Vigo os días 15 e 22 de xuño. Onte presentabamos en rolda de prensa a Escola de Letras que impulsa a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Dende hoxe, xa é posible anotarse no primeiro dos cursos que se celebrará na Sede da Deputación en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17), sempre e […]

Nace a primeira Escola de Letras de Galicia

Nace a primeira Escola de Letras de Galicia da man da Editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra. Francisco Castro: “É un luxo ter unha Escola con dobre localización en Vigo e Pontevedra. Será un lugar para soñar a través da palabra” Carmela Silva: “Este lanzamento é un soño cumprido que volve converter esta provincia nunha referencia, […]

Así comeza “Virtudes (e misterios)”

“Cando a avoa se anoxaba, acendíaselle un brillo de fereza nos ollos e apertaba os dentes nun aceno severo que lle tiraba do queixo para arriba e lle tensaba as engurras. A min lembrábame a un bulldog á espreita da túa debilidade, do teu erro: mirábate dende embaixo, dende a altura mínima das pernas arqueadas, […]

O escultor Manuel Buciños, premio Trasalba 2020

O escultor galego Manuel Buciños foi galardoado co Premio Trasalba, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo. Así o decidiu este venres a comisión executiva da fundación, nunha reunión telemática. Foi despois dunha fonda reflexión sobre si era pertinente fallar o premio nas circunstancias actuais. «Maioritariamente pensouse que nestes tempos de desacougo e dó, as institucións […]

Ricardo Carvalho Calero. Día das Letras Galegas 2020

O Día das Letras Galegas homenaxea, este ano 2020, a Ricardo Carvalho Calero. Unha das personalidades máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, enteiramente entregada ao ideal patriótico.⁣ Na Editorial Galaxia celebrámolo rescatando títulos seus coma A xente da barreira, Contos populares da provincia de Lugo, editado hai moitos anos na […]