O último barco, de Domingo Villar, está nominada ao prestixioso Premio Dashiell Hammet á mellor novela negra. Villar, é un dos 90 escritores que asistirán á Semana Negra de Gijón co gallo da nominación.
Trátase dun dos premios máis importantes de Europa. Entrégao a Asociación Internacional de Escritores Policíacos e distingue á mellor novela neste xénero. Entrégase anualmente dende o ano 1988 durante a Semana Negra de Gijón, xunto con outros premios. Foi instituido en honra ao escritor estadounidense Dashiell Hammett. É toda unha honra que O último barco se atope nesta lista de tan alta calidade.
Estamos moi felices de que esta novela, que atrapa de principio a fin, estea entre as seleccionadas nesta candidatura. Xa é todo un premio, pero desexámoslle toda a sorte ao seu autor.