Hoxe, hai 143 anos, nacía o escritor alemán Hermann Hesse, en Calw. Velaquí un dos escritores máis importantes do panorama germano moderno. Unha figura senlleira á que en 1946 lle concederon o Premio Nobel de Literatura.
Na Editorial Galaxia estamos moi orgullosos de contar na nosa colección con títulos seus coma Baixo as rodas ou Siddhartha.
Ámbalas dúas novelas excepcionais nas que o autor plasma o seu talento a través da palabra. Hesse revaloriza o papel do instintivo e do espiritual na conduta do home moderno e deixa ver un grande interese por certas formas de relixiosidade oriental. Desde a década dos anos 60, coa eclosión da contracultura e o movemento hippy, converteuse nun dos autores máis lidos e influentes entre a mocidade europea e norteamericana.