SiddharthaHermann Hesseunha novela excepcional que fala do icomprensible rumbo da vida dos seres humanos Siddhartha, fillo dunha familia nobre da casta dos brahmáns, distínguese dos mozos da súa idade pola súa intelixencia e sensibilidade. Pero os consellos dos maiores e as receitas da tradición do seu pobo non o satisfán. Incapaz de atopar acougo para a súa alma na sociedade convencional, únese, xunto co seu amigo Govinda, a un grupo de ascetas que viven no bosque. Esta decisión cambia radicalmente a súa vida e inicia un longo e aventurado proceso de aprendizaxe. Siddhartha é un intenso canto ó camiño individual cara á felicidade. Escrito cunha linguaxe poética e expresiva, preséntasenos unha novela que fala da busca, do amor, da morte, da redención. Velaquí temos un gran clásico da literatura universal por primeira vez en lingua galega. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|