Galaxia na FLIV, esta fin de semana

Categoría: Nova

Velaquí a programación da Editorial Galaxia no Festival Virtual do Libro de Galicia, esta fin de semana!
Sábado 27 de xuño
11:00 TEATRO INTERRUPTUS lecturas dramatizadas con Raquel Castro, Paula Carballeira, Carlos Labraña, Ana Abad de Larriva, Ernesto Is, Avelina Pérez, Santiago Cortegoso, María Armesto, Roberto Salgueiro, Vanesa Sotelo e Esther Carrodeguas. No auditorio Xulio Amigo.
13:00 De cómo en 1920 naceu o novo mundo, conferencia sobre a Xeración Nós por Malores Villanueva. Na Sala 1.
16:00 Ricardo Carvalho Calero, conferencia sobre o autor por Carmen Blanco. No auditorio Xulio Amigo.
17:30 Presentación de O caderno de Rosalía, de María Xesús Blanco. Na Sala 1.
20:00 Un café con… Francisco Castro, autor de Tantos anos de Silencio. Na Cafetería.
Domingo 28 de xuño
18:15 Presentación Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. Na Sala 1.
Podedes acceder a toda a programación aquí.
Este festival ten como obxectivo visibilizar a riqueza cultural galega e a riqueza empresarial que ten detrás a través de charlas virtuais nas que a espectadora poderá participar vía chats, presentacións de libros, faladoiros, clubs de lectura, catálogo de obras de distintas editoras en formato vídeo, recitais de poesía, postas en escena colaborativas entre drama e música, ou conferencias arredor de figuras senlleiras relacionadas co ano literario no que estamos, tentando combinar a innovación coa memoria dun xeito atractivo e eficaz. A rede será un expositor perpetuo da literatura galega e das súas axentes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email