Carlos Labraña é un dramaturgo especializado en teatro para nenas e nenos. Neste eido acadou os premios Xeración Nós, Estornela, Manuel María e O Facho, con pezas que se len e representan de maneira habitual nos colexios, como Indo para o Samaín, Estrelamar ou O Apalpador. A partir de 2010 a súa escrita vira a temáticas máis comprometidas socialmente. Desta época podemos salientar: A pequena compaña, onde desde o humor se denuncian os abusos cometidos á infancia; O valo, que trata o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada, comedia ácida sobre a crise económica (Premio de Teatro na Gala do Libro 2017), Estrelecer, peza de misterio con reivindicación feminista (lecturas dramatizadas da SGAE), e Contra o reloxo (2021).No ano 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos, onde desenvolve tamén as súas facetas como actor e director.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Estrela… fugaz?
XVI PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 201510,75€

mercar
Contra reloxo
Que misterio agocha a vella reloxaría?10,70€

mercar
Estrelecer
Nun mundo onde as rapazas poidan ser libres11,30€

mercar
O apalpador
O apalpador baixa da montaña cunha presada de castañas para ti.10,50€

mercar
Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
PREMIO GALA DO LIBRO GALEGO 2017 CATEGORÍA DE TEATRO10,85€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR