“O último barco”, protagonista no programa Días de Mar de Moaña

Categoría: Nova
O pasado venres presentouse no Concello de Moaña o programa Días de Mar ou, o que é o mesmo, o programa de festas e actividades deste concello do Morrazo durante o mes de agosto.
A Editorial Galaxia foi convidada a falar no acto de presentación porque o programa gravita arredor do libro de Domingo Villar, O ÚLTIMO BARCO, no que as praias e lugares de Moaña teñen tanto protagonismo. Ben sabemos que o concello de Moaña, tan ben comandado pola súa alcaldesa, Leticia Santos Paz, como por Coral Ríos Santomé dende Turismo, aposta, dun xeito transversal pola cultura galega. Un luxo.
Non coñecemos moitos concellos que poñan un libro en galego no centro de todo. En Moaña, si. E iso as fai grandes a elas e a nós como país.
O cartel foi obra do grande Diego Seixo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email