O día 31 de xullo, ás 20.30 h, celebrarase, no teatro cine Elma do Concello da Pobra do Caramiñal, a presentación de A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, Lista de Honra OEPLI 2020 e Premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020, de Juan Casto Rivadulla Fernández.
Es quen de mover cousas coa mente? A que sabe a cor azul? Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversa entre Harry Potter e os seus colegas. Mais Juan Casto Rivadulla Fernnández nunca estivo en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro.
Queres coñecer as súas respostas?