Comezan as sesións de Masterclass da Escola de Letras

“POETAGRAFÍA. Encontro coa poeta e fotógrafa Patricia Rivas Gallego”, será a primeira en celebrarse. Dende a Escola de Letras, e como se anunciou cando iniciou a súa andaina, ofrécese a todas as persoas que participan nos Obradoiros, a posibilidade de asistir a sesión de Masterclass con autoras e autores para que conten o seu proceso […]

Sinatura con Francisco Castro, na Feira do Libro de Vigo

O día 30 de xuño, ás 20:00 h, celebrarase, na Rúa Principe, a Sinatura de Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, na Feira do Libro de Vigo. Un relato violentamente fermoso. Fermosamente violento. O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas […]

Sinaturas da Editorial Galaxia, o luns, na Feira do Libro de Vigo

Velaquí as sinaturas da Editorial Galaxia que se celebrarán, o luns, na Feira do Libro de Vigo. 19:00 h. Sinatura de Raiolas de sol, de Antonio García Teijeiro. Unha raiola de sol, por breve que sexa, pode iluminar por completo espazos que quizais permanecían agochados aos nosos ollos. Todos e cada un dos relatos deste […]

Galaxia na FLIV, esta fin de semana

Velaquí a programación da Editorial Galaxia no Festival Virtual do Libro de Galicia, esta fin de semana! Sábado 27 de xuño 11:00 TEATRO INTERRUPTUS lecturas dramatizadas con Raquel Castro, Paula Carballeira, Carlos Labraña, Ana Abad de Larriva, Ernesto Is, Avelina Pérez, Santiago Cortegoso, María Armesto, Roberto Salgueiro, Vanesa Sotelo e Esther Carrodeguas. No auditorio Xulio […]

Presentación de 2 obras inéditas Manuel García Barros

O sábado 27 de xuño, ás 18 h, celebrarase, na Praza do Mercado da Estrada, a presentación de Aventuras de Alberte Quiñoi e Estampas desde o val, de Manuel García Barros. Acompañando aos editores Carlos Loureiro e Xesús Domínguez Dono, asistirán ao acto, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, o alcalde da Estrada, Xosé […]

Presentación de “O caderno de Rosalía”, en Ribeira

O día 26 de xuño, ás 20:30 h, celebrarase, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, a presentación de O caderno de Rosalía, de María Xesús Blanco. Acompañando á autora, intervirán Blanca-Ana Roig Rechou (A. C. Barbantia), Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, Manuel Cartea, Presidente da A. C. Barbantia, e Manuel Ruiz Rivas, […]

Presentación de “Prana Apana”, de Patricia Rivas Gallego

O día 25 de xuño, ás 19 h, celebrarase, a través dun directo en Instagram, a presentación de Prana Apana, de Patricia Rivas Gallego. Acompañando á autora, coordinará a presentación Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Podedes acompañarnos ese día, accedendo á presentación, no noso perfil de Instagram: www.instagram.com/galaxiaeditorial/ Prana Apana é un proxecto que, nun contexto […]

Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Comeza a Feira do Libro 2020 en Vigo! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 25 de xuño ao 4 de xullo en horario de maña: 11.00 – 13.00 (agás o día 25, que é a inauguración oficial) e de tarde: 17.00 – 20.00, na rúa do Príncipe. Contará cun pregón a cargo da escritora María Xosé […]