Sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña

Categoría: Nova

Xa está todo preparado para celebrar a Feira do Libro da Coruña, coas correspondentes medidas de seguridade, do 1 ao 10 de agosto, de 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 22:00 h, nos Xardíns de Méndez Núñez.
Velaquí o programa de sinaturas no que participarán as autoras e autores da Editorial Galaxia:
Día 2 de agosto, ás 12:00 h. Sinatura de Ata 10, de Laura Titimoki.
13:00 h. Sinatura de Rimaletras, de Mar Guerra.
20:00 h. Sinatura de O misterio do torque de Burela, de Antía Yáñez.
Día 3 de agosto, ás 20:00 h. Sinatura de Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. (Séculos XIX e XX), de Xavier Castro.
Día 6 de agosto, ás 19:00 h. Sinatura de Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López Souto.
20:00 h. Sinatura de Virtudes (e misterios), Premio Blanco Amor 2019, de Xesús Fraga.

20:00 h. Sinatura de Árbores no deserto, de Rosalía Fernández Rial.

Día 8 de agosto, ás 13:00 h. Sinatura de A viaxe de Ana, de Alberte Momán.

Día 9 de agosto, ás 19:00 h. Sinatura de Xenealoxía dun intruso, de Isaac Xubín.

Comparte nas túas redes sociais ou por email