“Xaime Isla. O enxeñeiro da idea” é o título do artigo que escribiu o noso Presidente, Antón Vidal Andión, na revista GRIAL. Sae publicado no número duplo da mesma, o cal está dedicado aos 70 anos de vida que celebra a Editorial Galaxia. Podedes lelo e descargalo premendo aquí.
Antón Vidal achégase á historia da “causa galeguista” relatando de maneira cercana as vivenzas e motivacións que levaron a este grupo de amigos a comezar o proxecto Galaxia. Concretamente, céntrase na figura de Xaime Isla, “o soñador de ideas” e o encargado de realizar o logo que, aínda hoxe en día, representa a nosa casa editorial.