Libros para unhas vacacións de lectura

A Editorial Galaxia publica novidades para todos os públicos. Que mellor maneira para pasar esta Semana Santa que gozando das mellores lecturas? Estes días están chegando ás librarías de toda Galicia algunhas das novidades máis esperadas. Velaquí algunhas das nosas recomendacións: O libro inédito NON TE AMOLA!, de Xela Arias, ilustrado por Luz Beloso. Un libro […]
Presentación de “Na procura do medo esquecido”, en Vigo

Mañá, mércores 31 de marzo, celebrarase, ás 20 h, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación do libro Na procura do medo esquecido. Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas de Galicia, de juáncho. Acompañando o autor, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no […]
A RAG nomea académico de número o historiador Lourenzo Fernández Prieto

O pleno da Real Academia Galega (RAG) vén de elixir a Lourenzo Fernández Prieto como novo académico de número. O historiador e profesor pasará a ocupar a vacante que deixou a poeta Luz Pozo Garza co seu pasamento en abril de 2020. Fernández Prieto, que no seu día concorreu na carreira a reitor da Universidade de […]
Galaxia celebra o Día Mundial do Teatro

Este 27 de marzo é o Día Mundial do Teatro: que mellor ocasión para destacar unha das novidades máis recentes da Editorial Galaxia: Identidade. A normalidade do non-común, de Nee Barros. O teatro é quizais o xénero que mellor reflicte a vida, permitindo á vez ao espectador e lector observar e reflexionar sobre a realidade. […]
A RAG reclama a difusión na Rede dos códices das ‘Cantigas de Santa María’

Neste ano 2021 conmemórase o 800 aniversario do nacemento de Afonso X o Sabio, inspirado poeta en galego a cuxo padroado se debe un dos monumentos máis senlleiros da cultura europea da Idade Media, as Cántigas de Santa María. Cadrando con esta efeméride, a Real Academia Galega reclámalle a Patrimonio Nacional que siga os pasos […]
Jesús Curros Neira recolle o I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

Onte celebrouse o acto de entrega do I Premio de Ensaio Camiño de Santiago. Recibiuno Jesús Curros Neira pola obra Escenas, imaxes e sons do Camiño, que vimos de publicar na Editorial Galaxia. No acto participaron, canda o premiado, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, Valentín García Gómez, secretario xeral de […]
Presentación de “Escenas, imaxes e sons do Camiño”, en Santiago de Compostela

Hoxe, ás 18:30 h, celebrarase, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, a presentación do libro Escenas, imaxes e sons do camiño, I Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2020, de Jesús Curros Neira, Acompañando o autor, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea, e Francisco […]
A figura de Xela Arias como narradora no inédito “Non te amola!”

A semana pasada presentouse en rolda de prensa na Libraría Librouro de Vigo, o libro inédito de Xela Arias, ilustrado por Luz Beloso, Non te amola!. Acompañados da súa nai, presentaron o libro Darío Gil Arias, fillo da autora, a ilustradora Luz Beloso, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Na editorial asumimos con orgullo […]