Presentación de “A boneca de cristal”, en Vigo

O venres 16 de abril, celebrarase, ás 20 h, a presentación do libro A boneca de cristal, de Majo Villar, na librería Cartabón de Vigo. Acompañando á autora, asistirán o ilustrador Antonio Seijas e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo: listacartabon@gmail.com Este libro é […]

Montes Pena Presas achéganos á figura de Xela Arias, en “Intempestiva”

Xa está dispoñible a biografía completa da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias, escrita por Montse Pena Presas. Chegará a todas as librerías do país esta publicación, que amosa unha Xela Intempestiva, adiantada ao seu tempo. Unha muller que non entendía a vida sen música. Atopámonos ante o […]

XXXIII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]

A Editorial Galaxia lanza a colección “Memoria histórica”

Vermellos e laicos, do historiador Narciso de Gabriel, inaugúraa botando luz sobre a depuración do profesorado laicista na Coruña por parte da represión franquista. A nova colección “Memoria histórica”, que chegará ás librarías a próxima semana coa publicación do libro Vermellos e laicos, de Narciso de Gabriel, quere dar continuidade ao longo compromiso da Editorial […]

Convócase a segunda edición do premio de novela Camiño de Santiago

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 15 de setembro. A Academia Xacobea convocou a segunda edición do premio de novela Camiño de Santiago. O prazo para presentar as propostas estará aberto ata o 15 de setembro. Poden ser tanto en galego coma en castelán e a condición é que a ruta […]

Gloria Gómez Pavía gaña o I Premio de Álbum Ilustrado ‘Alberte Quiñoi’

Reunido hoxe o xurado, no Concello da Estrada, formado pola poeta Yolanda Castaño Pereira, a ilustradora Rosa Cabanas, o crítico literario Armando Requeixo, Carlos Loureiro Rodríguez, como secretario, e Sara Valcárcel Maceira, responsable de Comunicación e coordinadora de novos proxectos de Editorial Galaxia, escolleu por unanimidade a obra gañadora. Despois de valorar orixinais presentados e de levar […]

Procurando o medo esquecido

Na procura do medo esquecido. Catálogo de criaturas fantásticas e mitolóxicas, é o primeiro título do porriñense juáncho, que publicamos na Editorial Galaxia. Un libro singular que está deseñado en formato álbum ilustrado, dirixido a todos os públicos. Trátase dunha aposta por compartir o patrimonio inmaterial de Galicia, as nosas criaturas máis escalofriantes como son o sacauntos, o […]