Editorial Galaxia trae ao galego a poesía de Kirmen Uribe con “17 segundos”

O libro, tradución directa do éuscaro por parte do poeta Isaac Xubín, xa se pode atopar en librarías. A poesía de Kirmen Uribe é publicada en galego por primeira vez da man da Editorial Galaxia: o poemario 17 segundos, traducido do éuscaro polo tamén poeta Isaac Xubín e incluído na colección Dombate, compila poemas escritos […]
Presentación de “A vida secreta de Úrsula Bas”, en Santiago de Compostela

O xoves 6 de maio, ás 19:30 h, celebrarase, na librería Cronopios de Santiago de Compostela, a presentación do libro A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, asistirán o xornalista Luís Pardo, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Mañá chegará a todas as librarías un dos libros máis […]
Presentación de “Contra o reloxo”, en Santiago de Compostela

O mércores 5 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Pedreira de Santiago de Compostela, a presentación do libro Contra o reloxo, de Carlos Labraña, ilustrado por Fonso Barreiro (Fon). Acompañando o autor e o ilustrador, asistirá o crítico literario Armando Requeixo. O acto contará cunha lectura dramatizada do texto a cargo da compañía “Os […]
Chega a todas as librarías “A vida secreta de Úrsula Bas”, de Arantza Portabales

O novo traballo de Portabales chegará este xoves 6 de maio a todas as librarías de Galicia. Despois do rotundo éxito de Beleza vermella, a autora volve a sorprendernos con A vida secreta de Úrsula Bas, unha novela que rescata á mesma parella de policías, Abad e Barroso, nesta nova entrega que non deixará indiferente a […]
Galaxia publica “Historias da Fraga Revirada”, o novo traballo de Xosé Tomás

Publicado na colección Árbore de Editorial Galaxia, Historias da Fraga Revirada, é un álbum ilustrado que amosa á cativada a importancia de que todas e todos sexamos a persoa que queremos ser. Un libro que conta con xogos e actividades para que as máis pequenas da casa poidan ser partícipes das fermosas historias da fraga. O […]
Rolda de prensa de presentación de “Alén”, en Ferrol

O venres 30 de abril, celebrarase, ás 18:00 h, no patio do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, unha rolda de prensa de presentación arredor do libro Alén, de Xaime Quintanilla. Presentarán o libro o alcalde de Ferrol, Ángel Mato Escalona, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Velaquí a nova reedición de Alén, de Xaime Quintanilla, unha […]
Rolda de prensa de presentación de “Vermellos e laicos”, na Coruña

O xoves 29 de abril, celebrarase, ás 11:30 h, unha rolda de prensa de presentación do libro de Narciso de Gabriel, Vermellos e laicos, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. Acompañando o autor, participarán Jesús Celemín, Concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Vermellos e laicos inaugura a colección […]
Baldo Ramos e Eva Veiga gañan o Premio Losada Diéguez por “Quérote canto”

Reciben o premio na modalidade de Creación Literaria. Quérote canto, o poemario conxunto de Baldo Ramos e Eva Veiga, foi galardoado, por unanimidade, co Premio Antón Losada Diéguez na súa XXXVI Edición e na modalidade de Creación Literaria. A xuntanza do xurado para emitir o fallo, celebrouse no Concello de Carballiño. Un galardón que contou cunha alta participación de obras de […]